Categoría: Oferta Pública de Emprego

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL (1 CONDUCTOR- OPERARIO DE SERVIZOS) PARA VEHÍCULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE FORCAREI, POR VACANTE.


Duración: Desde o día da súa formalización ata o 30/09/2018.
Xornada: COMPLETA (incluídos fins de semana e festivos)
Cantidade Bruta a percibir: 1.490,15.-€

SOLICITUDES: Presentaranse no rexistro xeral do Concello de Forcarei nun prazo de DEZ DÍAS naturais a contar dede o día seguinte á publicación deste anuncio no FARO DE VIGO

BASES DA CONVOCATORIA: No Concello de Forcarei e na páxina web www.forcarei.net) e na sede electrónica (http://forcarei.sedelectronica.gal).

Forcarei, a 6 de agosto de 2018

O ALCALDE ACCIDENTAL.
Asdo: Vicente Búa Martínez.



CONVIVIR DEPORTIVO

CONVIVIR DEPORTIVO


O Venres 20 de Xullo as 19:30 h

O programa de Radio Galega CONVIVIR DEPORTIVO

Presentado por Alfonso Pardo co DOMINÓ

No Salón de Actos do Concello de Forcarei
ENTRADA LIBRE

Cartel



EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA

EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA - OS CAÑÓNS DO SIL

Ruta en Catamarán por os Cañóns do Sil
Visitas o Castelo de Castro Caldelas,
o Mosteiro de Santo Estevo, e
a San Pedro de Rocas.


DIA MÉRCORES 27 DE XUÑO


SAIDA:

8:30H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

8:45H PRAZA DO GAITEIRO DO SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 22 DE XUÑO (VENRES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑ@S EMPADROAD@S NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 20 EUROS/XANTAR INCLUÍDO.


Cartel



PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO 2018 2019

PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO 2018 2019


BENEFICIARIOS:

  • Ter 65 anos cumpridos .
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións .
  • Ser pensionista de viuvedade do Sistema Público de Pensións, con idade igual o superior a 55 anos .
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe non é preciso que cumpra os requisitos de  idade e pensión.
Admítese como acompañante un Fillo/ a con discapacidade, cun grao de minusvalía igual ou superior ó 45 %, sempre que viaxe cos seus pais.

MODALIDADES

  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a Historia e a arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN :
  1. PRIMEIRA FASE: ATA 16 DE XUÑO DE 2018
  2. SEGUNDA FASE: A A O 26 DE FEBREIRO DE 2019

Cartel



Campamentos de verán 2018.

Campamentos de verán 2018.


Desenvolveranse entre os meses de Xullo e Agosto, de entre 7 e 15 días de duración.


Para menores de entre 9 e 17 anos (ambos inclusive)

 








SERVIZOS OFERTADOS:
  • Programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e convivencia .
  • O aloxamento en albergue, residencia ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa .
  • O material necesario para a actividade .
  • Un equipo técnico de persoal especializado .
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
O importe de pagamento da praza depende do campamento solicitado. Descontos do 50% para Familias numerosas e no caso de posuír o Carné Xove o 25%

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 18 DE MAIO

Para máis información acudir ao Departamento de Servizos Sociais




PROGRAMA CULTURAL; MAIO 2018

PROGRAMA CULTURAL; MAIO 2018


Venres 4 de Maio as 20:30h

"Leonardo e os fontaneiros”, a cargo de Ubú Teatro. Esta obra enmárcase no programa "María Victoria Moreno, A Escena!”, impulsado pola Deputación de Pontevedra no marco das Letras Galegas 2018.

Entrada libre ata completar o aforo.


Sábado 5 de Maio as 20:30h

Certame de música tradicional, adicado a Adelino Pichel.
Actuarán o grupo local de pandereteiras "Lus de Keikoa”, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, o grupo de baile A Ponte Vella de Teo e a Banda de Gaitas de Forcarei.

Entrada libre ata completar o aforo.


Venres 11 de Maio as 20:30h

Teatro "Os fabulosos cleaners” a cargo da compañía Malasombra Producións, que presentará esta comedia de 55 minutos de duración pensada para todos os públicos.
A actuación está protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García e dirixida conxuntamente entre o estradense e Marcos Orsi.

Entrada libre ata completar o aforo.



Excursión a Monterrei e Allariz

Excursión a Monterrei e Allariz


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A MONTERREI E ALLARIZ

· VISITA A AUGAS DE CABREIROÁ

· CASTELO DE MONTERREI

· ALLARIZ


DIA MÉRCORES  18 DE ABRIL


SAIDA:

9:00H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

9:20H PRAZA DO GAITEIRO  DO SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 13 DE ABRIL (VENRES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑ@S EMPADROAD@S NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 15 EUROS/XANTAR – QUE SE PAGARÁ DIRECTAMENTE NO RESTAURANTE INDICADO.


Cartel



PRESTACION ECONOMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2018.

PRESTACION ECONOMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2018.


As persoas que tenan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 e que durante o ano 2016, non estivesen obrigados a presentar a Declaración polo I.R.P.F., nin a presentasen de forma voluntaria.


REQUISITOS

  • Que as persoas proxenitoras tenan a sua residencia habitual en Galicia .
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

DOCUMENTACIÓN

  1. Solicitude (Anexo 1), cuberto e asinado pola persoa solicitante eo Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non pareza como solicitante.
  2. Fotocopia do libro de familia ou certificaci6n expedida polo Rexistro Civil.
  3. Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar.
  4. Nos supostos de adopci6n ou garda con fins adoptivos, copia da resoluci6n xudicial ou administrativa que a declare.

O prazo de presentaci6n das solicitudes remata o 21 de Marzo do 2018.

Cartel



CHARLAS INFORMATIVAS AXUDAS PAC_DR 2018

CHARLAS INFORMATIVAS AXUDAS PAC_DR 2018


Charla informativa:

Declaración de superficies

Novidades AXUDAS PAC_DR 2018

DIA:_Xoves 22 febreiro_ HORA: 10,30

LUGAR: Salón de actos do Concello Praza da Igrexa, 1 - FORCAREI


Cartel


Outras datas

Lugar / hora: 10,30 da mañán

Localidade

Xoves, 22 febreiro

Salón de actos do Concello

Forcarei

Luns, 26 febreiro

Auditorio – 1º andar

Vila de Cruces

Martes, 27 febreiro

Casa da Cultura

Silleda

Mercores, 28 febreiro

MOME

A Estrada

Xoves, 1 marzo

Auditorio Municipal

Lalin

Venres, 2 marzo

Centro da 3ª idade

Agolada

Luns, 5 marzo

C. Cultural Alcalde Lamazares

Rodeiro

Martes, 6 marzo

C. Cultural Xinzo

Ponteareas



III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI

III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI


Conscientes do camiño que queda por percorrer, a pesar dos avances conseguidos, o Concello de Forcarei fai unha vez máis unha aposta clara e decidida polo impulso dunha planificación estratéxica que continúe a derrubar as barreiras que dificultan que as mulleres gocen dos dereitos e das oportunidades.


O dereito á igualdade interesa a toda a cidadanía porque mellora a nosa calidade de vida, tanto na realización profesional como na persoal, familiar e laboral. Estamos convencidas e convencidos de que a máxima participación en igualdade de condicións da muller e do home, é indispensable para o desenvolvemento pleno e completo do noso Concello, polo que impulsamos a adaptación de medidas precisas co fin de suprimir esta discriminación en todas as súas formas e manifestacións.


Dende o Concello de Forcarei, coa posta en marcha do I Plan e do II Plan, quérese pór en firme o noso compromiso co logro efectivo do "dereito á igualdade real entre homes e mulleres”, expresado a través da posta en marcha de políticas de igualdade, continuando a día de hoxe na mesma liña actualizada coa publicación deste "III Plan Municipal de Igualdade entre mulleres e homes 2018-2022 do Concello de Forcarei”

Diptico
III Plan de Igualdade de Forcarei
Avaliación do II Plan de Igualdade de Forcarei.



ENTROIDO 2018

ENTROIDO 2018



O Sabado 10 de Febreiro.
Festa/Concurso de disfraces. Con 670€ en premios.



Categoría
  • Infantil
Catro categorías con 4 premios por categoría. 16 premios en total!!

  • Adultos. 1º, 2º e 3º premio ó mellor disfraz

No Centro Social de Forcarei a partir das 18:00h



REPRESENTACIÓN DE TEATRO. TEIMAS.

REPRESENTACIÓN DE TEATRO. TEIMAS.


VOLVEN as risas con TEIMAS,


Será o vindeiro 9 de febreiro ás 21h no

AUDITORIO DE SOUTELO DE MONTES, en FORCAREI.

Cartel


Máis información



PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL 2018

PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL 2018


(BALNEARIOS TERMAIS)
IMSERSO



SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

PRAZOS DE SOLICITUDE:


  • Do 19 de DECEMBRO ata o 4 DE XANEIRO de 2018 para os meses de FEBREIRO ata AGOSTO. 
    • Entre o 11 de xaneiro e 11 de maio poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.
  • Do 4 de XANEIRO ata o 11 de MAIO DE 2018 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO. 
    • Entre o 12 de maio e o 31 de outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.

Cartel



NADAL 2017

NADAL 2017


Actividades para o Nadal 2017-2018, con actividades para a familia e os nen@s

VENRES 15 DE DECEMBRO
Acendido da iluminación

SÁBADO 23 DE DECEMBRO
CINE, no Salón de Actos do Concello,: 18:00h

"NO SE ACEPTAN DEVOLUCIONES”


MÉRCORES 27 DE DECEMBRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Soutelo

SÁBADO 30 DE DECEMBRO
CINE, no Auditorio de Soutelo de Montes, 18:00h
"SAVVA, CORAZÓN DE GUERRERO”

MÉRCORES 3 DE XANEIRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Forcarei.

VENRES 5 DE XANEIRO
CABALGATA DE REIS, con Chocolatada e Rosca



AQUI GALICIA 2017

AQUI GALICIA 2017


Este sábado pola tarde teremos o programa "Aquí Galicia", da TVG, en directo desde a Praza da Igrexa de Forcarei por mor da XXIV Festa da Richada!




 

Nº de resultados:
79
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +