Categoría: Anuncios

Plan Concellos 2016. Liña 4: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2016 da Deputación Provincial


15/03/2016

O Concello de Forcarei a través do Plan Concellos 2016. Liña 4: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2016 da Deputación Provincial, vai realizar os seguintes servizos:

  • - Servizo de medio ambiente.- Con este servizo de interese xeral e social, xa que foi dirixido a toda a poboación, contrataronse durante 9 meses e 15 días, 6 traballadores desempregados non perceptores de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) (6 peóns forestais) para limpeza e desbroces de espazos públicos, rutas de sendeirismo, camiños públicos, beirarrúas, etc.
  • - Servizo de obras públicas.- Con este servizo de interese xeral e social, xa que foi dirixido a toda a poboación, contrataronse, durante 9 meses e 15 días, 4 traballadores desempregados non perceptores de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) ( 2 albaneis e 2 peóns de obras publicas), para reparación de beirarrúas, camiños públicos, fontes, espazos e edificios públicos, etc.
  • - Servizos de vixiante de edificios públicos.- Con este servizo de interese xeral e social, xa que foi dirixido a toda a poboación, contratouse, durante 9 meses e 15 días, 1 traballador desempregado non perceptor de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) (axudantes), para vixiancia de edificios públicos, instalacións deportivas, Concello de Forcarei. Etc

Para o financiamento destes servizos a Deputación Provincial concedeu o Concello de Forcarei unha axuda por importe de 110.074,03.- €

Forcarei, 15 de marzo de 2016

A Alcaldesa

Asdo.: Belén Cachafeiro Anta



PLAN CONCELLOS 2016, Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais


01/03/2016

O Concello de Forcarei, o abeiro da axuda recibida pola excma. Deputación Provincial de Pontevedra, por importe de 6.000 €, con cargo a liña 3 (Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais), do PLAN CONCELLOS 2016, realizou a actividade "CABALGATA DE REIS”.

Esta actividade foi subvencionada o 100 % pola Excma. Deputación Provincial.

Forcarei, 1 de marzo de 2016

A Alcaldesa

Belén Cachafeiro Anta



Substitución de carpintería en Centro Escolar de Forcarei


30/12/2015

O Concello de Forcarei substituíu no centro de educación infantil e primaria de Forcarei as carpinterías danadas no interior do centro escolar o tempo que se crea un espazo de resgardo na entrada o mesmo, para evitar as inclemencias climatolóxicas no inicio e remate da xornada escolar.

Esto foi posible gracias a axuda de 20.000 € concedida pola Deputación Provincial (PPOS/2015).




 

Nº de resultados:
33
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +