Alcaldía
Como Alcaldesa de Forcarei, quero dirixirme ós internautas para saudarvos e agradecervos o voso interese polo noso Concello.
Nesta páxina poderedes gozar de toda a información que dispuxemos para ser compartida por todos aqueles ós que vos preocupa a cultura, a arte, o turismo, a convivencia social e todos aqueles campos nos que Forcarei se amosa ós seus veciños e tamén ós que nos visitades, xa sexa real ou virtualmente.
Ó entrar na páxina web do Concello de Forcarei, poderedes acceder ó noso municipo case como se estivesedes de visita.O das novas tecnoloxías e un dos camiños máis atractivos e representativos para coñecer a nosa realidade. Nela poderedes atopar información elaborada para que ningún dos secretos deste Concello o sexa por moito tempo.
Quero, xa que logo, darvos a benvida a través da web, na certeza de que a vosa contribución ó utilizala faivos relevantes e necesarios para o benestar de quen conforma este gran espazo de diálogo intercultural que é o noso municipio. Un logro compartido do que trataremos que vos sintades orgullosos todos os que formades parte desta comunidade territorial que conforma o espazo do municipio, e por extensión de Galicia e de España.
Ó executar este novo portal, revisamos e actualizamos a información e os servizos que xa viñamos prestando, outorgándolles unha organización e presentación máis homoxéneas e útiles. Todo forma parte do modelo global de atención ó cidadán prestado polo Concello como complemento á atención presencial nas propias instalacións consistoriais, á atención telefónica e demais servizos prestados por esta institución local, instrumentos que, en todo caso, serven a un único propósito: establecer unha relación máis fluída e directa entre o Concello e o cidadán, para axudar a este a aproveitar todos os nosos recursos e oportunidades.
Espero con sinceridade que o consigamos, sempre coa vosa axuda.
A Alcaldesa de Forcarei
Belén Cachafeiro Anta
A Alcaldesa responde. A Alcaldesa comprométese a responder nun prazo máximo de 10 días.
Enderezo e contacto
- Enderezo: Praza da igrexa, n° 1 "36550 FORCAREI (Pontevedra)
- Teléfono: 986 75 50 36
- Email: belencachafeiro@forcarei.net
1