USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE 3 DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID_19

USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE 3 DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e a normativa complementaria ao mesmo, publicada no BOE ata o día da data.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO: Establecer as seguintes condicións de obrigado cumprimento, nas instalacións e actividades que se fan constar, durante a FASE 3 da desescalada da crise sanitaria provocada polo

COVID 19, tendo en conta as seguintes normas aplicables a todas as actividades:

a) Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social. O uso das máscaras fora do fogar é obrigatorio cando non poida garantirse o distanciamento social. Igualmente, deberase facilitar a dispoñibilidade e o acceso a solucións hidroalcohólicas para practicar unha hixiene de mans frecuente.

b) Todos os locais e demais establecementos, así como o seu equipamento, das actividades permitidas deberán ser periodicamente desinfectados e hixienizados.

INSTALACIÓN /ACTIVIDADE FASE 3

CASA DO CONCELLO

  • Apertura con atención ao público con cita previa, de 9,00 a 14,00 horas
  • Solicitude de cita previa no teléfono 986755036
  • Os servizos que prestarán atención ao público son Rexistro, Oficinas Xerais, Urbanismo e Arquitectura, Servizos Sociais e Alcaldía
  • Todos os servizos activos na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal
  • Notaría atención ao público con cita previa no teléfono 986755667

BIBLIOTECA

  • Nas bibliotecas poderán realizarse actividades culturais, sempre que non se supere o 50% do aforo autorizado. Poderá tamén permitirse o estudo en sala, sempre que se dean as condicións necesarias segundo a dirección da biblioteca, e non se supere o 50% do aforo autorizado.

CIRCUITO CAFETERIA

  • Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalería e restauración para consumo no local, sempre que non se supere o 50% do seu aforo.
  • O consumo dentro do local poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, preferentemente mediante reserva previa.
  • Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
  • Estará permitido o consumo na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.
  • Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforo ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas por mesa ou grupos de mesas.
  • Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreras, aceiteras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

CIRCUITO

  • Apertura con medidas de hixiene e protección reforzadas e, se é posible, quendas.
  • A instalación estará provista de material de desinfección.
  • Na actividade gardaranse en todo momento as medidas preventivas indicadas. Os responsables establecerán baixo a súa responsabilidade os horarios necesarios para garantir que os deportistas garden as distancias previstas.
  • Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións deportivas.
  • Tamén haberá que realizar limpeza e desinfección máis a miúdo, mínimo dúas veces ao día, especialmente das superficies de contacto manual como picaportes, pomos, varandas, bancos, cadeiras, percheiros e baños, entre outros.
  • Deberase facer un control estrito do acceso ás instalacións, restrinxido ás persoas debidamente autorizadas, para poder controlar o aforo que se determine
  • En todo o centro haberá información clara e concisa de pautas de aseo e normas de comportamento, mediante cartelería e sinalectica de recursos, para minimizar o risco de contaxio, distribuídas por zonas de práctica deportiva, entrada, aseos e principais zonas de paso

Entrenamento medio en ligas non profesionais federadas.

  • Os deportistas integrados en clubes participantes en ligas non profesionais federadas poderán realizar adestramentos de tipo medio, consistentes no exercicio de tarefas individualizadas de carácter físico e técnico, así como na realización de adestramentos tácticos non exhaustivos dirixidos á modalidade deportiva específica, mantendo as distancias de seguridade de 2 metros de maneira xeral e evitando en todo casos situación nas que se produza contacto físico.
  • Adestramentos por turnos, evitando superar o 50% do aforo.
  • Poderanse utilizar vestiarios, respectado o disposto ao efecto nas medidas xerais de prevencióne hixiene fronte ao covid-19 indicadas polas autoridades sanitarias
  • En todo caso seguiranse as medidas de prevención e protección establecidas polas autoridades sanitarias.
  • Deberase realizar una limpeza e desinfección periódica das instalacións.

XIMNASIO

  • Poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 20 persoas, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 50% do aforo máximo permitido
  • En todo caso, seguiranse as medidas de prevención e protección establecidas polas autoridades sanitarias.
  • Sempre que sexa posible deberá manterse unha distancia de seguridade de 2 metros.
  • Queda permitida a utilización de vestiarios e zonas de duchas.
  • Vestiarios: ocupación máxima de 1 persoa para espazos de ata 4m2, salvo naqueles supostos de persoas que poden precisar asistencia. 
  • Para aseos de máis de 4 metros cuadrados que conten con máis de 1 cabina ou urinario, a ocupación máxima será do 50%, debendo manter a distancia de seguirdade de 2 metros. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos aseos garantindo o estado de salubridade e hixiene dos mesmos.

IGREXAS


  • Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75% do aforo. 
  • Manterase a distancia de seguridade e, en todo caso, un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados. 
  • O aforo máximo debe publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.


CEMITERIOS, VELATORIOS, CEREMÓNIAS FÚNEBRES, ENTERRAMENTOS

  • Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre ou 25 persoas en espazos pechados, con independencia de que os mesmos sexan convivientes.
  •  A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 50 persoas e sempre respectando as medidas de distanciamento e hixiene.


HOSTALERÍA, RESTAURANTES, CAFETERÍAS

  • Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalería e restauración para consumo no local, sempre que non se supere o 50% do seu aforo.
  • O consumo dentro do local poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, preferentemente mediante reserva previa.
  • Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. 
  • A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
  • Estará permitido o consumo na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.
  • Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforo ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas.
  • Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreras, aceiteras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.


COMERCIO MINORISTA E ACTIVIDADES DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS

  • Os comercios poden abrir cun 50% do aforo total garantindo unha distancia mínima de dous metros entre clientes.
  • Débese establecer un horario de atención con servizo prioritario para maiores de 65 anos.
  • Poderá establecerse un sistema de repartición a domicilio preferente para colectivos determinados.
  • Non se poderá poñer ao dispor dos clientes produtos de proba non destinados á venda como cosméticos, produtos de perfumería, e similares que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes.
  • Non se poderán colocar nos establecementos comerciais produtos de telecomunicacións para uso e proba sen supervisión dun traballador que de maneira permanente poida proceder á súa desinfección inmediata tras a manipulación por parte de cada cliente.
  • Nos establecementos do sector téxtil e de arranxos de roupa e similares, os probadores deberán utilizarse por unha única persoa e despois do seu uso limparanse e desinfectaranse. As pezas que se proben deberán ser hixienizadas antes de ser facilitadas a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas.

SEGUNDO: A presente resolución da Alcaldía terá vixencia durante o periodo no que a Fase 3 da Desescalada teña efectos no Concello de Forcarei.

TERCEIRO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +