Web           realizada por: Javier Tato Arca. Fotografías de "Xoque" Carvajal,           Federico de la Peña, Manuel Barreiro e "Rochi".

PORTADA

 Concello Xeografía Cultura Cotaredo Gaiteiro T. de Montes Xentes Enlaces

A Revista Cultural

            A idea de confeccionar unha revista de periodicidade anual desde a Concellería de Cultura do Concello de Forcarei xurdiu no ano 1998, e  nese mesmo ano saiu á luz o primero número, no que participaron o xa falecido Antonio Fraguas, Xosé María Barreiro, Xosé Luis Barreiro, Manuel Barreiro, Avelino Senra, Xosé Manuel Rivas Troitiño, Ernesto Viéitez e Xesús Muras. O segundo ano coincidiu coa celebración do Centenario do Gaiteiro de Soutelo, e aproveitouse a festa na súa honra para tirar o segundo número, consagrado á súa memoria, no que participaron Avelino Senra, Xosé Manuel Rivas Troitiño, Xosé Luis Barreiro, David Otero, Xosé Manuel Martínez Oca, Federico de la Peña e Xosé Raposeiras Correa. O terceiro número, editado no ano 2000, estivo dedicado integramente a percorrer o camiño trazado polo fotógrafo Manuel Barreiro Ouro a través das súas vivas e testemuñais imaxes, que serven para coñecer un pouco máis a nosa pequena historia. Para una visión máis completa non terás máis ca pulsar en cada icono e poderás ver todas e cada unha das páxinas dos números editados ata o día de hoxe.

 

Edición nº 1                       Edición nº 2                   Edición nº 3

 

FORCAREI.NET

e-mail

Libro de visitas