Web           realizada por: Javier Tato Arca. Fotografías de "Xoque" Carvajal,           Federico de la Peña, Manuel Barreiro e "Rochi".

PORTADA

 Concello Xeografía Cultura Cotaredo Gaiteiro T. de Montes Xentes Enlaces

 

Cultura

Turismo

Historia

Gastronomía e Folclore

Cultura

Publicacións

Percorrido fotográfico

 

CULTURA 8 TURISMO  8Rutas e lugares de Interés

  8Listín telefónico Local

  8Mosteiro de Acibeiro

 

Fonte de pedra en Valiñas

 

 

Cartel da Festa do Gaiteiro do ano 1986

 

 

Portada do libro sobre o mosteiro de A.Rodríguez Fraiz

 

 

"Arginas" (canteiros) traballando, de Xesús Muras

 

Cartel de "Mamasunción" de Chano Piñeiro

         

RUTAS

         Paraxes de visita obrigada son, en terras de Forcarei, os que a seguir se sinalan:

 

-         Ruta das Pontes do Lérez: sendeiro que, polo seu interese turístico e etnográfico, se desenvolve máis polo miúdo noutro capítulo desta guía.

-         Serra do Candán: un dos vinte e seis espacios de protección medioambiental da provincia de Pontevedra. Posúe paisaxes fermosamente conformados por unha sucesión de montes e vales que agochan endemismos vexetais e zonas hidromorfas de considerable valor natural. Conta ademais coa máxima elevación do concello e unha das maiores da provincia, o alto de San Benito (1.017 m). Son diversas as rutas que se poden practicar no territorio que abrangue a serra.

-         Lagoa Sagra: esta lagoa e o seu contorno tamén figuran como espacio de protección medioambiental na provincia. Localízase nos límites coas terras de Silleda e A Estrada, na parroquia de Meavía, e á súa riqueza medioambiental engade a súa riqueza arqueolóxica, por se situar ó pé dunha zona de mámoas (Mámoa de Boi Morto). É a principal lagoa natural de media montaña de Pontevedra. Este espacio e mais o da Serra do Candán foron incluidos na proposta galega de lugares de interese natural para a Rede Natura 2000.

-         Ponte Gomaíl: entre Gaxín e Castrelo atópase esta fermosa ponte románica, nun terreo onde abondan os carballos, bidueiros, salgueiros, uces e xestas, arroupando un dos sosegados salóns do Lérez, que discorre aquí en silandeira viaxe, despedíndose das terras forcaricenses.

-         Aldea de Grobas: aldea illada e abandonada no medio da serra do Candán, nun atractivo e apacible val que a converte nun dos emprazamentos paisaxísticos máis agraciados. Encrávase nunha gorxa por onde transcorre o río Grobas, afluente do Deza que nace no Candán. É un punto idóneo para as excursións de montaña, e forma parte de dous dos sendeiros máis característicos que se poden emprender na zona. Cara a Bustelos, aldea de Lalín, sobrevive un vedraño camiño enlousado polas faldras da serra.                 

           -Ponte Maril: a carón da ponte que encetara o canteiro Maril localizamos hoxe unha das máis fermosas paraxes do concello, albergando as instalacións do acampamento xuvenil que leva o seu nome, en perfecta harmonía coa vexetación que medra ó pé do río e ofrecendo tódolos veráns ós pequenos turistas que se nos achegan a posibilidade de disfrutar do mellor lugar de acampada de media montaña que se poida atopar en Galicia.

 

 - Na Serra do Candán, cabe a posibilidade de realizar varias rutas de considerable atractivo natural e etnográfico:

 

1- Saída desde o mosteiro, seguiendo o caudal deo río Leréz ata Andón e desde Andón hacia o lugar de Pereira onde se produce a confluencia dos ríos(Umia e Leréz) e desde alí de volta hacia o mosteiro.

 

2- Saída desde o mosteiro, hacia o lugar de Masgalán onde se poden ver os lugares denominados “as neveiras”, desde alí ata o cume de Seixiños Brancos, Porto Candán, cume de San Benito, a aldea illada de Grobas e Bustelos. Este tramo mide 11km.

 

3- Saída desde o mosteiro, hacia o Candán, a aldea illada de Grobas, A Noveliza, Rochela, Vilaverde e o lugar de Fixó en Millerada.

LUGARES DE INTERÉS

- A Freixeira

Área recreativa situada no lugar de Cachafeiro.

- O Cotelo

 Área recreativa situada no lugar de Ponte.

 

         

 

FORCAREI.NET

e-mail

Libro de visitas